

A Lúa é o corpo celeste máis fácil de encontrar no ceo nocturno, pero en realidade non é branca, a súa gran e extensa dimensión é escura, como podemos apreciar na súa fase de lúa nova. A superficie do noso satélite componse de materiais bastante escuros, tal e como se aprecia ao contemplar as rochas lunares que os astronautas da misión Apolo trouxeron á Terra.
Sen embargo, se estás mirándoa durante o día, a Lúa vese tenue e branca rodeada polo azul do ceo. Se é de noite, pódese chegar a apreciar como desprende unha brillante cor amarela. Por qué a cor da Lúa parece branca se realmente é gris escuro?
Cando vemos a Lúa desde a Terra, a atmósfera bloquea parcialmente a realidade obxectiva da cor. As partículas da atmósfera dispersan certas lonxitudes de onda que permiten que outras lonxitudes pasen directamente.
Para entender esta ilusión óptica, debemos facer referencia ao taboleiro de xadrez de Adelson. A imaxe representa un taboleiro con casiñas claras e escuras. A ilusión óptica é que a área da imaxe coa etiqueta, parece ser dunha cor máis escura que a área da imaxe marcada. Sen embargo, en realidade, son da mesma cor.
FEITO POR SERGIO.