Ola, somos Hugo e David e fixemos unha intervención artística con cadros dun dos mellores artistas galegos, Luis Seoane. Os cadros foron feitos polos nenos/as de 5º do ano pasado, que pintaron en azulexos algunhas das súas obras. A instalación podémola atopar no patio da escola.
Luis Seoane naceu en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, é fillo de inmigrantes galegos, que retornan a Galicia en 1916, primeiro á cidade da Coruña e despois a Santiago, onde estuda dereito e se integra nos círculos culturais e artísticos que guiaban o camiño á renovación en Galicia, alí atópanse as súas primeiras exposicións de debuxos. Seoane xunto con Isaac Díaz Pardo, protagonizaron unha bonita historia de amizade, na que fixeron proxetos culturais de tanto renonbre como o museo de arte contemporaneo Carlos Maside, tamén crearon unha das mellores fábricas de cerámica do mundo, chamada Sargadelos.
.Ademáis de pintor tamén foi editor, escritor, gravador e ceramista.
Luis Seoane empezou a facer arte en 1944 e fixo a súa última obra en 1978.



