entrevista a Sara

FEITO POR: DAVID ,LOIS E HUGO


Boas, hoxe imos entrevistar á profesora de Rosalías, Sara. Ela é nova neste marabilloso colexio. Ola Sara, que tal estás? Gustaríache que che fagamos unhas preguntiñas?
-Como te adaptaches a esta escola?
Pois moi ben, a verdade. Estamos en proceso, sen horarios e un pouco desubicados cas clases, pero imos moi ben.
-En que colexio estabas antes?
Estaba en Vilagarcía no Anexo A Lomba.
-Sempre deches plástica/Tesselas?
Pois noutros coles si que daba plástica porque era a titora, pero o ano pasado ocupábase a mestra de música. Porén o curso anterior daba inglés porque era un colexio plurilingüe.
-Que tal te sintes neste novo colexio?
Pois estou moi contenta, gústanme os nenos e ademais quédame preto.
-Cando empezaches a dar clase?
Pois empecei fai uns 8 anos neste mesmo colexio.
-Gustaríache dar outra asignatura?
Bueno, non me importaría dar calquera asignatura, encántame primaria…
-Como te sentes despois de que pecharan Tesselas?
Estou un pouco triste porque estaba quedando chula e estabamos axudando á profe Uxía de infantil e había cousas moi guais, pero bueno, poderemos ir todas as semanas alí de todas formas.
Adeus Sara, pasáchelo ben?
E vós? Queredes máis entrevistas?

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: