OS NOVOS TIMBRES MUSICAIS

Benqueridas familias!

Como xa sabedes as entradas e saídas da escola fanse acompañadas de música galega. Neste principio de curso levan soando dúas cancións: “Con tambores de mar”  de Sés e “ Cultura crítica” de NAO.

As primeiras semanas soou a canción feita en 2016 “Con tambores de mar”, do albúm “Opoñerse a extincion”. María Xosé Silvar, mais coñecida como Sés, naceu na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiña,  que crea música Pop e Rock. Comezou a súa formación no baile e na música tradicional . Ademais diso, é mestra e licenciada en filoxía galega e antropoloxía social.

Esta semana realizouse un cambio no timbre da escola. Estamos escoitando “Cultura crítica” do grupo NAO.  NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019. O seu primer álbum lanzouse en 2007, chámase  “As palabras espidas “ que incluía unha canción co  poema de Rosalía De Castro a “Xustiza polo man”.

Cultura crítica fala sobre Galicia, as tradicións que temos é a razón pola que non deberíamos perdelas. Tamén falan de que queren máis galego e menos castelán, falan de que queren volver á cultura propia e as raíces do pasado.    

Esperamos que vos guste! 

Manuel, Daniel L e Mateo

Evento: Sés | Cultura de Galicia

Nao: «Queremos ser os protagonistas desta historia ata o final»
Canción SES
Canción NAO

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: