A HISTORIA DO MURO DA PRAIA DO REBALO

Fai tres anos vin por primeira vez unha muralla na praia do Rebalo. Espertou en min curiosidade de como aquela muralla aparecera alí, ata que me dei conta que Santi e o seu pai eran quenes estaban construíndo. Santi é un compañeiro meu da escola.

En setembro cando á volta das vacacións, pregunteille por qué había feito a muralla, ao que respondeu: “fixen esa muralla porque a praia tiña moitas pedras e non se vía bonita e ademais ocupaban moito espazo no mar”.

Eu como nena penso que fixo un bo traballo cara o medio ambiente e cara concienciar á xente sobre a súa conservación.

A miña compañeira e eu decidimos facerlle unha entrevista a Santi porque pareceunos interesante a historia que ten o muro, espero que a vos tamén vos interesara a historia do muro.

Antía Redondo Fernández e Marta Teira Alvite 6ºA.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: