O xoves 22 de abril tivemos a sorte de ver a filla de Félix Rodríguez, chamada Odile, que nos veu a falar do seu pai polo día da terra, polos seus logros, etc. Impactoume moito o feito de que Félix fixera a cantidade de cousas que vou mencionar a continuación:
Félix Samuel Rodríguez de la Fuente naceu o 14 de marzo de 1928, nunha aldea chamada Poza da Sal. Foi un naturalista e divulgador ambiental español, defensor da natureza, e realizador de documentais para radio e television. Influeu moito nos nenos e nenas co seu programa “O Home e a Terra”. Tamén escribiu 21 libros sobre a fauna, a flora, etc.
Casou cunha francesa chamada Marcelle Geneviéve Parmentier Lepied o 5 de agosto de 1966 en París, coa que tivo tres fillas: a primeira chamada María de las Mercedes Geneviéve, nacida no 1967; a segunda Leticia Jimena, no ano 1969 e, Odile Patricia, no 1973. Licenciado en mediciña pola Universidade de Valladolid e autodidacta en bioloxía, contribueu en gran medida á concienciación ecolóxica de España nunha época na que o país todavía non contaba cun movemento de defensa da natureza. Isto non era un feito a nivel nacional, senón internacional. Xusto no día que cumpría 52 anos, ocorreu unha gran traxedia, e é que Félix morría nun accidente de avión en Alaska con dous colaboradores e o piloto, o que provocou un gran sentimento de tristeza aos fans de “O Home e a Terra” e tamén a súa familia.
Martín Ventoso de 6ºB