AS OBRAS DO COLEXIO

Boas! Somos David e Xela, e estamos facendo un traballo sobre as obras do cole. Eva, a directora do cole, vainos a responder unhas preguntas.

1. Por que se fan obras na nosa escola?

Fanse obras para cambiar as ventás e tamén para reparar a fachada porque era perigoso, xa que lle podía caer a alguén. E as ventás porque eran vellas e perdíase moita calor.

2. Canto van durar?

Está previsto que rematen en marzo, pero se chove tardaría mais.

3. Que partes da escola están en obras?

Comezaron facendo a fachada e continuarán polas ventás. Agora mesmo están rematando a fachada de infantil e cambiando as ventás da biblioteca e de Editorial.

4. Cantas partes faltan?

Faltan por cambiar dúas clases de infantil na planta baixa e tamén os baños tanto o dos nenos como o do profesorado, na planta alta faltan as ventás do corredor de Arghalladas,

Teoremas, Gaia, Sereas e os baños.

5. Cando comezaron?

Comenzaron a finais de novembro e principios de decembro.

6. Que se vai mellorar facendo obras?

Por un lado, vaise a mellorar a estética arreglando a fachada para mellorar a seguridade do centro. En canto ás ventás, vaise mellorar a eficiencia posto que se reduce a perda de calor.

7. As obras afectarán ao funcionamento do cole?

Si, afectan no sentido de que non se poderá usar algunhas aulas.

8.  Despois das obras haberá máis obras?

En principio non, pero estaría pendiente da cuberta porque hai goteiras.

Aquí remata o noso traballo das obras do cole. Agardamos que vos gustara. Ata pronto!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: