8 DE MARZO

O 8 de marzo é o día internacional da muller, conmemórase a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade. Este día e un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, a valentía e a determinación das mulleres de pé que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

O feminismo forma parte do ADN da nosa escola, xa que é moi importante. Antes non existía a igualdade entre homes e mulleres, pero por sorte agora as cousas están cambiando. Antes as mulleres non podían traballar, facían todas as tarefas da casa e coidaban dos seus fillos, mentras que o home estaba no seu traballo.

Este día foi escollido para conmemorar un terrible suceso ocorrido o 25 de marzo de 1911. Un incendio nunha fábrica textil de Nova York que rematou coa vida de máis de 140 traballadores, a maioría mulleres. Pero sen embargo a data elexiuse ao azar.

Existen varias teorías en canto á cor. Unha delas, é que o fume da fábrica era de cor violeta, outra é que simboliza a sangue real que corre polas veas de cada loitadora polo dereito ao voto, conciencia da libertade e a dignidade… 

O mundo conseguiu avances sen precedentes, pero ningún país alcanzou totalmente a igualdade de xénero.

Feito por Sabela de 5º e Álvaro de 6ºB

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: