O día da candeloria celébrase o 2 de febreiro, festexando a metade do inverno. Seguindo o refraneiro popular galego “A partir da candeloria ningunha ave voa soa”.
Na cultura popular, celébrase dunha forma moi especial; por que casan os paxariños, ao que comezan a vir as aves migratorias e as plantas crecen de novo, dando paso a primavera.Na nosa escola o 2 de Febreiro celebramos o día do amor en Galicia, o día da Candeloria, cando casan os paxariños. Neste curso adicámolo as APERTAS que estamos gardando nos petos por non poder dalos durante a pandemia.
O deseño do autocolante e o cartel inclúe unha obra de MILO LOCKETT, artista arxentino que colabora e se implica en moitas campañas sociais, ong, obradoiros con distintos colectivos… A obra de Milo Lockett está chea de cores, e de vida, cuestións antitéticas co momento que nos está tocando vivir e que poden ser moi aproveitables para transmitir enerxía positiva.
No deseño tamén aparecen uns versos de Antonio Reis que poden ser moi inspiradores.
Martín Segade 6º
eldin de tus

Deixar unha resposta