A nosa escola é o CEIP Heroínas de Sálvora. Chámase así para recordar a varias mulleres que axudaron no naufraxio do barco Santa isabel frente á illa de Sálvora.
Josefa,Cipriana, María eran os seus nomes. Elas protagonizaron unha acción heroíca rescatando xente viva e morta do mar, levándoos a Aguiño nas súas dornas. Por axudar a tanta xente gañaron a Medalla de Salvamento Marítimo.
A nosa escola está organizada dun xeito diferente a outras da zona. A Comunidade de pequenos e pequenas que corresponde á etapa de infantil, a Comunidade de medianos e medianas que correponde a 1º,2º e 3º de primaria, e a Comunidade de maiores que son 4º,5º e 6 º de primaria.
Na nosa comunidade, que é a de maiores, hai 5 ambientes. Teselas que é un ambiente de pintura,Editorial que é un ambiente onde podemos elexir de que tema o queremos facer, Gaia trata sobre as ciencias sociais e naturais,Teoremas sobre as matemáticas e Rosalías que trata sobre as linguas.
No noso colexio loitamos contra a violencia machista e consideramos a arte como algo moi valioso.
Os nosos nomes son Martín e Abraham.