Entrevista Rubén

Respectando as medidas de seguridade tivemos que debatir como podiamos facer a entrevista a Rubén Martínez Santamaría, un exalumno do noso colexio e decidimos chamarlle por teléfono e gravar as súas respostas. Ao rematar as preguntas pasámolas a escrito. Agardamos que vos guste! 

Para os que non sepan quen é Rubén, é un exalumno que veu de visita ao noso colexio o ano pasado. Nese momento xurdeu a idea de facerlle unha entrevista, pero pola Covid-19 non puidemos facerlla.

Esta semana por fin voltamos á Editorial e reunímonos un grupo de nenos e nenas para facerlle a entrevista. A continuación déixámosvos a entrevista realizada:

  • Boas, Rubén. Que tal estás?.

Ben.

  • Estás preparado para comezar?.

Si.

  • Como te sentiches volvendo a un colexio público?.

Moi ben, eu nunca fun a un colexio privado e sentinme moi ben volvendo ao centro de Aguiño. Notei un cambio moi grande, non se achegaba ao que eu vivín alí.

  • Pensas que cambiou moito o colexio? .

Si, moitísimo.

  • Cambiaron moitos profes dende que ti non estás aquí? .

Si, moitos deles cambiaron moito.

  • Pódesme dicir os nomes dos profes que che deron clase? .

Paloma, Teresa, Uxía (que segue estando), Belarmino (que tamén está e vos dá Educación Física), Clara… e bueno, seguro que se me escapa algún máis.

  • O profe Gonzalo foi un deles? .

No, nunca me chegou a dar clase, pero si sei quen é.

  • Cantos anos fai que non vés aquí?.

Pois a última vez que fun visitar o colexio foi o ano pasado.

  • Cres que reformamos moito as clases?.

Si, reformaron un montón as clases.

  • Podes dicir os nomes das clases cando ti estabas aquí? .

As únicas clases que había eran música, Educación Física… as demais eran as de infantil, 1º 2º e 3º e así ata sexto… Non eran como as tendes vós agora.

  • O patio cambiou? .

Si, tamén cambiou.

  • Cal era a materia que máis che gustaba cando estabas neste colexio?.

Música e plástica eran as que máis me gustaban.

  • Por que decidiches vir a este colexio? .

Uxía invitoume a ir, díxome que cambiou moito e animeime a ir de visita.

  • Gústache axudar á xente?.

Si.

  • Cal é o teu traballo favorito?.

Pois tiro moito para o mundo da música ou o mundo dos coches.

  • Repetiches algún curso?.

Non, todo limpo.

Moitas grazas por atendernos Rubén!.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: