O xoves 30 de xaneiro do 2020 foi a Morteirada, unha intervención artístico-musical relacionada coa igualdade entre homes e mulleres.
En primeiro lugar, ás 09:00 cando chegamos ao colexio, os/as de 6º, tivemos que ir a Sereas, ambiente artístico-musical, a poñernos as saias negras e maquillarnos para ese evento reivindicativo.
En segundo lugar cando acabamos de prepararnos, baixamos á praza das Lúas a realizar un pequeno ensaio previo ao gran evento.
En terceiro lugar, as 09:45 chamamos a todas as clases para que foran á Praza Das Lúas, lugar onde se representaría a Morteirada. A praza estaba a oscuras e cunha música de piano as nenas e nenos da escola foron sentándose tranquilamente.
En cuarto lugar, cando se acomodaron todos/as os/as alumnos/as dou comezo a Morteirada. A profesora Sonia fixo un relato sobre a muller améndoa e o home allada que ía sobre o machismo e as mulleres que sofren violencia machista.
En quinto lugar, cando Sonia rematou o relato, nós empezamos a manifestarnos cunhas consignas en contra do machismo, por exemplo a miña foi: “polas mulleres que son diana de ciumes”. Ese momento foi moi intenso.
En sexto lugar, empezamos a darlle golpes ao morteiro coa allada simulando o pulso do maltrato e de que maneira vai aumentando sendo imperceptible para moitas persoas do que está a acontecer.
Despois todo o cole fixo unha fila. Demos unha volta
ás escaleiras e despois, fomos todos ao ximnasio berrando:
“non non non, machismo non, non non non, machismo non…”.
En séptimo lugar, cando estabamos todo o cole no ximnasio, fixemos unha piña dándolle un abrazo a Sonia e dándolle as grazas por axudarnos a facer a intervención artístico-musical e por poder facela realidade.
Por último, en octavo lugar, ás 11:30, cando xa acabara o evento reivindicativo, os de 6º fomos a tomar un cacao quente e unhas rosquillas. Estaba a chover e tivemos que ir en parellas para poder levar os paraugas porque senón non chegaban, foi súper divertido.
Ás 12:00 chegamos ao cole e tivemos que ir cada un/unha ao ambiente que lle tocaba para empezar a traballar. Foi unha experiencia inesquecible.
Nayara Pereira Lago 6º
