Coco Chanel, a súa historia.

Coco Chanel ( Samur, Francia, 1883 – París, Francia, 1971) foi unha das deseñadoras de moda máis famosa e innovadora da historia. Naceu nunha pequena cidade francesa, nunha familia humilde, co nome de Gabrielle Chanel. Despois da morte da súa nai aos 11 anos, foi enviada xunto ás súas irmás a un estrito orfanato de monxas onde aprendeu a coser, bordar a man e pranchar. Despois da escola, converteuse en costureira. De día traballaba para un xastre e de noite actuaba nun café cabaret. Foi entón cando recibiu o apodo de “Coco”.

En 1908 converteuse en sombrereira e pouco despois abreu a súa primeira tenda en París. Non tardou en ter máis tendas e comezou a deseñar roupa e sombreiros. En 1918 estableceu a súa casa de moda no número 31 da Rue Cambon e tres anos despois presentou o seu primeiro perfume, Chanel Nº5. Como modista liberou á muller dos corsés, acortou as faldas e dou un toque masculino a moitas prendas. O seu estilo sinxelo, cómodo e elegante revolucionou a imaxe feminina e acabou sendo todo un símbolo de liberdade para a muller moderna: unha muller capaz de conseguir todo o que se propoña.

Brigo Fernández Romano 6º e Martín Teira Fernández 4º

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: