O Pop Art é un movemento artístico xurdido no Reino Unido e Estados Unidos a mediados do século XX, máis ou menos iniciouse no ano 1950.
Caracterizouse por empregar imaxes e obxectos da cultura popular, tomados nos medios de comunicación de masas combinadas con cores chillonas e contrastes de luz (anuncios publicitarios, revistas, cómics, cine) ou da realidade cotiá.
Algúns dos artistas máis coñecidos e representativos da cultura pop son Roy Lichtenstein e Andy Warhol.
Andrew Wharhola, máis coñecido como Andy Warhol, foi un artista plástico e cineasta estadounidense que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do Pop Art. As obras máis coñecidas son : “Latas de sopa Campbell”(1962), “Shot Marilyns”(1964) e “3 Coke Bottles”(1962).
Roy Fox Lichtenstein, máis coñecido como Roy Lichtenstein, foi un pintor estadounidense do Pop Arte, artista gráfico e escultor, coñecido sobre todo polas súas interpretacións da gran escala do arte do cómic. As obras máis coñecidas son : “En el coche”(1963), “M-Maybe”(1965) e “Girl with Hair Ribbon”(1965).
Xurdiu este tema porque estamos aprendendo no cole que é o Pop Art, aproveitando a imaxe de Guadi Galego xa que visitounos o día 10 de decembro a dar un concerto no noso colexio, e tamén aproveitaremos para saber máis cousas sobre ela.
Uxía e Raquel de 6º.