Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego é sen dúbida a artista máis relevante na escena músical galega actual.
É compositora, cantante, pianista e gaiteira. As cancións de Guadi chegaron ao corazón porque sabe tecer as palabras.
É unha muller moi sensible e comprometida co feminismo e as causas sociais. O mar e o norte foron sempre unha gran fonte de inspiración para ela. Formou parte de proxectos moi destacados como Nordestinas, Acadacanto, Espido e Berrogüetto. Estes días está presentado o seu quinto traballo en solitario, Inmersión. Trátase dun disco que compila cancións dos anteriores traballos con novos arranxos cantados en sete linguas peninsulares diferentes: castelán, galego, asturiano, euskera, catalán, portugués e occitano-aranés. Para Guadi Galego a música ten o poder de transformar a sociedade.
Nós, os alumnos e alumnas do C.E.I.P. Heroínas de Sálvora temos a gran sorte de que Guadi Galego veña ao cole para coñecela e escoitar a súa música, isto será o martes día 10 de decembro de 2019.
Toda a preparación do evento está sendo levada a cabo por toda a comunidade escolar con gran ilusión.