SOMOS ONDAS, onde se fusiona música, arte e sensibilidade cara a diversidade dos corpos e das almas. Ondas dos ecos da música; pentagramas que se convirten en ondas de mar, ondas dos pinceis e das paletas; pentagramas como cinco dedos que acarician as ondas dos corpos grandes, pequenos…; pentagramas como telares de historias de vida, ondas das almas emocionadas, arañadas, rotas, remendadas, escoitadas…
A continuación presentamos un vídeo arredor de “Somos Ondas”, proxecto que que ten como principal obxectivo musicar a escola mediante o timbre musical. O día 6 de novembro empezamos a gravar e fixemos algunhas tomas.
Os presentantes do grupo somos: Anxo Lodeiro, Manuel Orellán, Daniel Delfín, Marta Lois e Alexia Sandá. Anxo presenta o proceso do timbre musical, Manuel falaranos sobre o tipo de música que interpretan algúns artistas, Marta contaranos como se escollen as cancións e Alexia quenes son os artistas.
As opinións dos compoñentes do grupo sobre a experiencia son moi variadas, Dani afirmou que fora moi divertida, Marta sentiu emoción por falar diante dunha cámara, Manuel respondeu que foi moi divertida a experiencia pero houbo fallos entre o grupo, Alexia dixo que o pasou moi ben, pero costou un pouco e Anxo quixo recordar o ben que o pasara despois desta experiencia.
Aquí tedes un vídeo para aprender e escoitar sobre o TIMBRE MUSICAL DO CEIP HEROíNAS DE SÁLVORA
Un saúdo.
O equipo de… HEROíNAS TV.
