Novos alcaldesa e alcalde do CEIP Heroínas de Sálvora

Este é o segundo ano que celebramos as eleccións.O 19 de novembro de 1933 grazas a Clara Campoamor foi a primeira vez que puido votar a muller.

Ana Sueiro, Alejandro Reiriz, Nhaia e Anxo foron os elexidos nesta ocasión polos nenos/as do cole. Os alcaldes e a alcaldesas farán distintas funcións entre as que destacan representar á escola, coxestionar diferentes proxectos, presidir o comité da alcaldía.

As eleccións comezáronse  a facer o curso pasado para intentar traballar o máximo posible a igualdade entre homes e mulleres.Nos grupos referenciais elixíronse  candidatos e candidatas para alcaldía, foron nenos e nenas voluntarios e voluntarias. Houbo unha campaña de presentación de candidatos e candidatas.

E o 19 de novembro todo o alumnado  de infantil e primaria exerceu o seu dereito a votar.

Pierrette de 5ºA

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: