Donas de sí

Como broche de remate de curso acabamos o mural de DONAS DE SÍ.

Como podedes observar, pintamos no muro varios rostros de mulleres con sombreiros. Queremos visibilizar como comunidade educativa o noso compromiso coa sensibilización cara a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres inspirándonos na obra de Luis Seone (artista homenaxeado este ano na Arte Galega).  Son 15 mulleres de distintas cores que falan da diversidade, das mulleres nas distintas culturas. 15 mulleres que levan sombreiro : mulleres maltratadas, mulleres invisibles que non se llerecoñece o seutraballo, mulleres  coidadoras, mulleres que non saen nos libros de historia… 15 mulleres que  desexamos que sempresexan DONAS DE SÍ: mulleres na ciencia, mulleres na arte, mulleres na investigación, mulleres na gastronomía, mulleres no ensino, mulleres no cine, mulleres nas fábricas, mulleres nasanidade, mulleres nastecnoloxías, mulleres redeiras, mulleres na literatura, mulleres na política, mulleres no deporte, mulleres na arquitectura, mulleres na música, mulleres na costura, mulleres… sempre  “DONAS DE SÍ”.

Agardamos que teñades un feliz verán!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: