No centro levamos varios cursos organizando durante o mes de maio actividades nas que a diversidade é a protagonista. Entre outras organizamos: charlas para familias, profesorado e alumnado, un concerto musical, participación nunha performance a cargo do grupo de artes escénicas da Asociación Ámbar, conto en lingua de signos, xogos tradicionais…
Como é un mes moi importante para nós ilustrámolo con esta fermosa imaxe de Norman Lewis, acompañada da frase:
Que hai debaixo do sombreiro?
O mundo enteiro!
Un mundo de cores, diferenzas, tolerancia, pluralidade, compromiso, axuda, respeto, agradecemento, compañía…

No mes da diversidade celebramos o casamento de Elisa e Marcela.
Ademais tamén se montou a exposición de “Ecos”, onde numeros/as artistas galegos/as expuseron a súa obra na nosa escola. Visitounos Nuska Casanande, e nos contou como é o proceso de realización de murais no hospital (fontes de inspiración…)