Buscamos xornalistas!!!

Esta é unha mensaxes para as nenas e nenos do CEIP Heroínas do Sálvora!

Estade atentos e atentas porque poñemos en marcha a editorial Heroínas Dixital para investigar e informar sobre os acontecementos que arrodean esta escola e este pobo.

Se tés algo que contar este é o teu sitio!

Precísanse nenas e nenos intrépidos e, sobre todo, aventureiros para poñer en marcha esta editorial.

Gustaríache entrevistar a alguén?

Queres publicar algún conto ou poema?

Desexas informar sobre a actualidade de Aguiño ou da escola?

Motivaríate aprender a sacar boas fotografías?

Cales son as túas inquedanzas?

Comezamos? 

Pois reclama o formulario para poder ser un membro desta fantástica equipa!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: