Aguiño quere médicos

Ola somos Leo Ventoso e Leo Calvo, do colexio C.E.I.P Heroinas de Sálvora.Nos sentimos ben facendo este proxecto porque Intrigábanos participar na manifestación que tivo lugar en Aguiño para conseguir médicos. Parécenos que é moi inxusto que teñamos que ir a Ribeira para ir ao médico. E a xente que non se pode desprazar? Como fan os que non teñen coche? Os que teñen problemas para moverse? E a xente maior? 

Por iso Aguiño debe ter médicos todos os días, en vez de que cada 4 semanas veña unha. Iso é inxusto por iso imos participar.

O sábado 15 de febreiro houbo unha manifestación na que a xente de Aguiño e Carreira viñeron a reivindicar porque non tiñan médicos, e tiñan pancartas con textos como “Por unha atención primaria digna do Barbanza” ou “Médicos 100%”. Os médicos marchan  pero porque marchan? Porque non poden funcionar correctamente. Levan anos ofrecendo contratos precarios, soldos inmerecidos e sobrecarga de traballo.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑