Ola, nós somos Dani e Xavi e ímosvos a contar un pouco mais do 25 de Novembro.
No noso cole fixemos unha proxecto onde tíñamos que pintar macetas cunha mensaxe :“estou rota por dentro” que acabamos rompendo ao final do día. Estou rota por dentro quere facer visible o interior das mulleres maltratadas. Este ano as nenas de 6º fixeron unha performance para toda a escola onde escenificaban como se sentían as mulleres maltratadas. Foi dramático, forte e sensible.
O 25N é o día contra a violencia de xénero. En España celébrase para concienciara violencia contra as mulleres.Este ano, volvemos a alzar a nosa voz contra calquera forma de agresión ás mulleres, facendo especial fincapé no crecente problema da violencia machista.
O mundo cambiou, e con él, os nosos espazos de convivencia. Este ano no colexio eleximos a Manel Moranta como artista do 25n.
MANUEL MORANTA
Manuel Moranta. Naceu en Tarragona en 1979. Desde moi cedo descubriu que lle gustaba debuxar e xogar ao fútbol, pero non sabía facer nin unha cousa nin a outra. Licenciado en Dereito e curso un Máster de Práctica Xurídica, xestión de crise e resolución de conflitos. Estudar leis agudizouno a fascinación pola argumentación e a síntese. É Director Creativo desde hai 10 anos nunha axencia de comunicación.Traballou desde hai tempo nun diario de dibujofrases que van configurando unha especie de código persoal. Por certo, un dibujofrase é un aforismo no que a palabra cede a metade do seu país ao debuxo. Nas súas pezas mesturou desde a simple anécdota, o relato breve, o debuxo conceptual, a publicidade, o mundo dos signos e o objet trouvé. Tenta facer do complexo algo simple e pequeno coa esperanza de que creza de novo na mente do espectador.
































