Defende a túa lingua é o nome dun proxecto que pretende coidar a nosa lingua e a nosa cultura, a galega. Un persoaxe que está moi relacionado con esta defensa é Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, máis coñecido como Castelao.
Castelao naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo e faleceu o 7 de xaneiro de 1950 en Buenos Aires aos 64 anos. Foi político, pintor, médico, historietista, dramaturgo e ensaísta. Defendeu sempre a necesidade de construír unha arte e unha cultura propia en Galicia, pero sen localismos. A súa obra máis coñecida foi “Sempre en Galiza”. O parlamento galego recoñeceu o venres 22 de novembro de 2024 a Castelao como o primeiro presidente de Galicia. O escudo de Castelao está inspirado na heráldica dunha das casas nobres máis importantes de Galicia.
Os carteis deseñados por nós toman como referencia a Castelao e a vangarda do Pop-Art. Os/ás nenos/as da comunidade de maiores do CEIP Heroínas de Sálvora imos realizar unha pegada de carteis en diferentes locais de Aguiño.
PROXECTO COLABORATIVO CON OUTRAS ESCOLAS
Convidamos a outras escolas a participar neste proxecto colaborativo de defensa da nosa cultura. Nós diseñaremos os carteis co logo da vosa escola e vós teredes que facer unha pegada polo voso pobo e enviarnos un correo electrónico cunhas fotos da pegada de carteis que us subiremos a http://www.heroinasdixital.com.
Queremos que todas as localidades de Galicia teñan o seu cartel de DEFENSA DA LINGUA!!!!


























