AS NOVAS DO PATIO

Ola, Somos: Juan, Brais e Martín. E hoxe imos falarvos e ensinarvos o novo patio do colexio C.E.I.P Heroínas de Sálvora, dende as cousas máis novas e actuais, ata xoguetes e obxetos que son moi chulos e divertidos, esperemos que vos guste!!!

Este é o último proxecto que facemos na Editorial xa que para o ano imos para o instituto. Queremos deixar as nosas relfexións sobre o paso pola escola.

Juan: “este colexio é moi importante para min porque axudoume a crecer e ensinarme as cousas que me quedan por diante. A min gustoume moito estar na Editorial xa que podemos facer entrevistas a persoas, elexir os nosos proxectos, facer contos do que queiramos, facer biografías e demáis. En xeral este colexio encantoume moitísimo . A min dame pena irme deste colexio porque o paso ben”.

Brais: “a min o colexio gústame porque ten un método que non é estudar todo o tempo, senón que ensina a través do xogo. Persoalmente a min encantoume debido a que podemos escoller o grupo cos compañeiros, ademais de poder escoller o que imos facer xa sea en vídeo, radio ou fotografía. A Editorial deume moito coñecemento da tecnoloxía. Encantoume crecer nesta escola e vou estar moi triste ao irme.”

Martín: ” cando cheguei a este colexio xa me encantou a maneira de aprender. A Editorial aportoume saber decidir en equipo, tecnoloxía e usar un pouco máis o galego. Encantoume A Editorial e o colexio en xeral porque non é como un colexio calquera, este colexio é especial, por que non é o mesmo método de todos os colexios. Vaime dar moitisima pena irme do C.E.I.P Heroínas de Sálvora.”

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑