Poetizar o pobo como a vida, busca que mediante pequenas intervencións artítiscas na nosa contorna florecer a beleza que propiamente emana. Dende o grupo Mixto H, xurde a idea de buscar espazos públicos onde poidamos presentar unha selección de estrofas, oracións ou parágrafos de artistas que intentaron coma nós mudar o mundo.
O proceso de elaboración dos proxectos de intervencións artísticas no pobo son tan variopintos como as propias inquedanzas dos/as nenos/as que buscan con todo isto amosar o seu propio interior e podelo desfrutar en familia.
O proxecto “Poetizar o pobo coma a vida” inclúese do proxecto Ruralité: intervencións artíticas na nosa parroquia, apadriñado polo artista local Ayaso.
Deixamos un ENLACE Á RUTA para que a desfrutedes cos/as vosos/as fillas e fillos. Podedes enviar fotos da visita ao seguinte email: editorial@ceipheroinasdesalvora.com





























